domingo, 24 de abril de 2011

24-Abr Entreno Montaña: Previa San Mamede

Ben aproveitado este Domingo para remata-la Semana Santa.

Entreno fantastico realizado en boa compaña polos montes de Maceda, recoñecendo o recorrido que conformará a Carreira Solidaria de San Mamede.

Na miña opinion e un percorrido de gran fermosura, na zona baixa polo xenuino do entorno natural, e xa na parte alta polas increibles vistas que poderemos difrutar durante moitos Km.



En canto a dureza, realmente é un desafio pero que se pode abordar con sentidiño. Na miña opinion: se subes a modiño ata o Km4, economizas na zona favorable do Km4 o 6, e dosificas na fortisima subida do Km6 ó 10 buscando mais disfrutar do entorno que en querer gañar posicions neste tramo ... daquela chegaras con forzas ó alto para os toboganciños que aoparas ali, baixar comodo o primeiro cortalumes, correr ben pola pista de falso llano do13 ó 15, coller a tope o 2º cortalumes, e finalizar os ultimos 4 Km (coinciden cos 4 primeiros) a ritmo alto.



Moi bo traballo dos amigos do Club Via XVIII de Maceda, e grazas por ofrecernos esta fantastica carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario